Queixería Don Crisanto, siglos de calidade e esmero.
Con sinxeleza e amor brindámoslle o noso queixo de San Simón natural, coa tradición de séculos de existencia e coa garantía dos mellores cumplimentos dun produto galego con denominación de orixe protexida. Elaborado artesanalmente con leite das vacas da nosa granxa. Como o leite da nosa explotación non nos chega para a produción que temos hoxe en día contamos con leite procedente da bisbarra da Terra Chá que ha de ser leite de vaca loura galega procedente das razas, pardo alpina, frisoa e dos seus cruzamentos entre si.
Curado durante un prolongado tempo e afumado con madeira de bidueiro.
En Queixería Don Crisanto tamén lle podemos ofrecer outros produtos típicos da zona de Galicia como o queixo do país (Patela) ou o queixo fresco (requeixo).
Que atopará na nosa web:
- Información da empresa
- Proceso de elaboración
- Productos
- Localización
- Premios
- Contacto

|
